GalicianSpanish

Selección Galega Sub-15 de Hóckey sobre Patíns

15 febrero 2018
Josep Sellas
Selección Galega Sub-15 de Hóckey sobre Patíns

No terceiro torneo que disputa na presente tempada a Selección Galega Sub-15 de Hóckey sobre Patíns contra os equipos rexionais lusos de Minho, Aveiro e Porto, o balance final tras a derradeira xornada celebrada na mañá deste domingo 11 de febreiro é dunha vitoria e dúas derrotas.

A 15.ª edición do Torneio Internacional de Carnaval tivo como escenario durante os dous días o pavillón do CART en Caldas de Taipas, no municipio portugués de Guimarães. Os xogadores adestrados por Manuel Togores perdían os dous encontros na xornada do sábado ante Aveiro e Porto, pero na de hoxe, no derradeiro partido da competición, vencían a Minho, ao igual que sucedera no recente Torneio dos Reis.

Os equipos portugueses deberán devolver a visita aos galegos no Torneo Luso-Galaico, que se desenvolverá en Galicia en sede e datas aínda por decidir.

 

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.