Estimadas Familias,
Por novas instrucións da Consellería, recibidas hoxe día 2 de setembro, temos que modificar de novo a organización escolar, o que implica un retraso en parte da información que iamos publicar hoxe ás familias.
Debemo reubicar aos cursos de ESO e Bacharelato respectando as novas distancias de seguridade destes cursos o que implica unha nova distribución de entradas e saídas para evitar aglomeracións do alumnado.
Este retraso afecta tamén a todas actividades extraescolares do Colexio.
Tentaremos informarvos á maior brevidade posible.
Disculpade as molestias