As seleccións galegas de Hóckey sobre Patíns iniciaron esta fin de semana a súa preparación da presente tempada de cara aos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán no mes de xuño de 2019. Facíano acudindo ao primeiro dos catro torneos nos que compiten cos equipos rexionais de Aveiro, Minho e Porto, pero coa novidade esta vez da presenza do combinado feminino dirixido por Joan Grasas.
A 24.ª edición do Torneio Internacional de Natal tivo como organizador a Asociação de Patinagem de Aveiro e disputouse nas localidades lusas de Oliveira de Azeméis e Cucujães.
A selección galega masculina Sub-17, adestrada por Manuel Togores, xogou tres encontros cunha vitoria no primeiro deles ante AP Minho e dúas derrotas nos dous seguintes contra AP Aveiro e AP Porto mentres que a feminina Sub-17, que só disputaba dous partidos, tambén cedía en ambos ante Porto e Aveiro.
Con participación de xogadores do noso club.