GalicianSpanish

INSCRIPCIONES ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2022/2023

29 julio 2022
Admin Cia María
INSCRIPCIONES ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2022/2023

Estimadas familias,

 

A continuación, informámosvos sobre as actividades deportivas e a proposta de horarios cos que comezamos o curso 2022/2023. Tras estes dous últimos anos complicados nos que tentamos manter ao máximo a posibilidade de realizar actividade deportiva volvemos cunha proposta similar a anos previos á pandemia.

Para poder organizar da mellor forma as actividades, cos grupos dimensionados e co óptimo aproveitamento de espazos pedímosvos que fagades a inscrición no prazo indicado e coa maior antelación posible.

Prazos de inscrición:

- O primeiro prazo de inscrición será do 29 xullo ao 21 agosto de 2022.

- O segundo prazo de inscrición será do 1 ao 17 setembro de 2022.

 

As inscricións téñense que realizar a través do formulario, dispoñible a continuación:

 

https://forms.gle/QERLUR5pcZp8QNy1A

 

Aproveitamos para informar que o chándal do Club pódese adquirir na tenda Atmosfera Sport dos Rosales. Rda. de Outeiro, 414. A Coruña.

Estamos á vosa disposición para calquera dúbida ou suxerencia que teñades. 

 

Saúdos

JD Club Compañía de María.

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.