Club Compañía de María e Raxoi veñen de proclamarse campións galegos Infantil e Júnior respectivamente esta pasada fin de semana do 13 e 14 de abril no pavillón de Vite de Santiago de Compostela (A Coruña), na celebración das Finais a 4 de Hóckey sobre Patíns de ambas categorías que se desenvolveron nas dúas xornadas organizadas por C. H. Compostela e a Federación Galega de Patinaxe.
Compañía de María era o campión Junior logo de gañar a A. C. Órdenes na final, evidenciando así o porque remataron a fase regular da competición como líderes. Ademais, H. C. Liceo era o terceiro conxunto clasificado para a fase de sector norte, que se xogará os mesmos días que a Infantil, pero neste caso en Oviedo.