GalicianSpanish

CIRCULAR INFORMATIVA ACTIVIDADES DEPORTIVAS CURSO 2021/2022

8 julio 2021
Admin Cia María
CIRCULAR INFORMATIVA ACTIVIDADES DEPORTIVAS CURSO 2021/2022

Estimadas familias,


Desde a directiva do Club Deportivo Compañía de María queremos enviarvos un afectuoso saúdo. Todo o equipo do Club estamos moi agradecidos pola vosa comprensión e colaboración durante este curso escolar.
Foi un ano complicado e grazas ao esforzo de toda a comunidade os nosos fillos puideron realizar actividades deportivas en condicións de seguridade, aproveitando os enormes beneficios que a actividade deportiva ten para a saúde.

Lembrámosvos que na páxina web do Club podedes ver a información do Club, incluídas as noticias por actividade de peche do curso https://www.clubciamaria.org/


Información xeral das Actividades Deportivas para o curso 2021-22
Estamos en coordinación coa Dirección do Colexio, o AMPA e a Escola de Música co obxectivo de retomar a oferta de actividades deportivas ao mediodía como era habitual en anos anteriores. Para iso estamos atentos ás medidas da Xunta para o comezo do novo curso.


Se as medidas ditadas polas autoridades sanitarias o permiten, os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil van poder gozar ao mediodía das actividades de:


- Psicomotricidade en Patíns: actividade moi completa, ideal para o desenvolvemento psicomotriz do neno, especialmente do equilibrio e coordinación. Ademais de convidar á interacción con outros nenos e xogar en grupo polo que favorece a integración e socialización. Tamén pode practicarse individualmente.


- Educación Física de Base: actividade centrada no desenvolvemento da persoa a través da mellora das condutas motoras, por medio da actividade corporal. Pretende ensinar ao alumno a coñecerse, aceptarse, comprenderse e dominarse en movemento, en situacións deportivas.


- Escola Deportiva: actividade onde o alumno vai coñecer e a practicar todos os deportes que ten o club. O obxectivo primordial é coñecemento teórico-práctico de cada un dos deportes.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS CURSO ESCOLAR 2021/2022


O alumnado de Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato vai poder desfrutar tanto ao mediodía como pola tarde, nas instalacións do colexio das actividades de Atletismo, Baloncesto, Ximnasia, Hóckey sobre Patíns, Judo, Patinaxe e fóra delas das actividades de Atletismo, Fútbol, Surf e Tríatlon.


Para coñecer os horarios das actividades e realizar as preinscricións, a principios do mes de agosto estará dispoñible o formulario na web do AMPA e do Club.Para calquera dúbida ou consulta está dispoñible o email deportes@ampaciamaria.com


Un forte abrazo e feliz verán JD Club Compañía de María

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.