Estimadas Familias,
Poñémonos en contacto convosco para confirmarvos o transporte da actividade de fútbol para este curso 2022-2023, así como informar adicionalmente:
Para un bo funcionamento as nais, os pais e os titores legais no seu caso, teñen a responsabilidade e o compromiso de actuar activamente na seguridade dos seus fillos/as. Polo que deben asegurarse de que os nenos e nenas:
- Non corran para subir ao autobús, nin o fagan ao baixar del.
- Cheguen 5 MINUTOS antes da hora de paso do autobús.
- Retírense cara atrás cando chegue o autobús.
- Uso permanente da máscara.
- Sigan as indicacións da persoa acompañante e do condutor do autobús.
- Mantéñanse sentados/as no seu sitio e mantendo distancia de seguridade.
Horario
- Luns saída 16:15h e volta 18:15h -- 5º e 6º de E.Primaria.
- Luns saída 17:40h e volta 19:45h – 1º, 2º, 3º e 4º de E.Primaria.
- Mércores saída 16:15h e volta 18:15h -- 5º e 6º de E.Primaria e 1º,2º,3º e 4º da E.S.O.
- Mércores saída 17:40h e volta 19:45h – 1º, 2º, 3º e 4º de E.Primaria.
- Venres saída 16:15h e volta 18:15h -- 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O.