A 13.ª edición do Torneio dos Reis “Celestino Brito”, que se celebrou ao longo desta pasada fin de semana (5 e 6 de xaneiro) no pavillón municipal de Valongo en Portugal, foi a segunda cita desta tempada para a selección galega Sub 15 dirixida por Manuel Togores, e que o pasado xoves levou a cabo unha sesión de adestramento no pavillón municipal de Vite de Santiago de Compostela (A Coruña) e na que se aproveitou tamén para convocar a varias xogadoras Sub 18, neste caso adestradas por Joan Grasas.
Desta volta os resultados non acompañaron, pois logo de derrotar a A.P. Aveiro no partido correspondente á xornada 1, Galicia cedía ante A.P. Minho e A. P. Porto aínda que, como xa é sabido, nestes torneos non hai clasificación final e unicamente serven para ir conxuntando e acoplando aos xogadores de cara ás convocatorias dos campionatos de seleccións autonómicas que se disputarán no mes de xuño. A seguinte cita será o Torneio de Carnaval organizado pola Associação de Patinagem Minho nos primeiros días do mes de marzo.
O noso club aporto 3 xogadores a Selección Galega.