GalicianSpanish

A Selección Galega rematou a súa participación no XII Torneio dos Reis de Hóckey sobre Patíns

10 enero 2018
Josep Sellas
A Selección Galega rematou a súa participación no XII Torneio dos Reis de Hóckey sobre Patíns

Non puido desta volta acadar ningunha vitoria a Selección Galega Sub15 de Hóckey sobre Patíns na competición celebrada este fin de semana no pavillón municipal de Valongo, xa que perdía nos tres encontros ante os equipos das seleccións rexionais do Minho, Aveiro e Porto.

Foron todos resultados moi axustados, demostrando unha vez máis a igualdade entre os catro conxuntos que durante a tempada disputan catro torneos de carácter amigable, pero que para os galegos son moi produtivos de cara a ir probando xogadores para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo no mes de xuño. A próxima cita será no Torneio de Carnaval organizado por AP Minho no mes de febreiro.

 

Os xogadores convocados de Compañía de María pola selección Galega foron:

. Francisco Dumont Rey

. Miguel Fernandez Dourado

. Ignacio Saenz de Buruaga

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.