GalicianSpanish

A COMISIÓN DE FÚTBOL FEMININO DA RFGF PROPÓN A CREACIÓN DUNHA NOVA COMPETICIÓN DE FÚTBOL 8 CONXUNTA PARA AS CATEGORÍAS ALEVÍN, BENXAMÍN E PREBENXAMÍN

30 julio 2018
Bruno Arias
A COMISIÓN DE FÚTBOL FEMININO DA RFGF PROPÓN A CREACIÓN DUNHA NOVA COMPETICIÓN DE FÚTBOL 8 CONXUNTA PARA AS CATEGORÍAS ALEVÍN, BENXAMÍN E PREBENXAMÍN

O obxectivo é fomentar o fútbol base feminino cunha competición a nivel autonómico

A Coruña, 24 de xullo de 2018
A Comisión de Fútbol Feminino da Real Federación Galega de Fútbol acordou na súa última reunión,
celebrada o venres día 20 de xullo en Santiago, realizar unha proposta de nova competición que
deberá ser aprobada e ratificada pola Comisión Delegada en primeiro lugar e pola Asamblea Xeral
en último término.
Trátase dunha competición exclusiva de fútbol base feminino, que sería a primeira da historia en
Galicia. O obxectivo é dar un paso cara adiante co fin de crear unha base na que poida asentarse o
futuro do fútbol feminino galego.
A proposta é crear unha competición nas que se unen as categorías alevín, benxamín e
prebenxamín, podendo xogar rapazas de todas as idades que abranguen as tres categorías. Elixiuse
esta opción porque a partir de 12 anos xa está permitido que xoguen con equipos de categoría
senior e, de feito, moitas infantís e cadetes militan en equipos da Segunda División Autonómica.
A proposta reflexa o interés da Real Federación Galega de Fútbol en darlle un importante empuxe
ó fútbol feminino en Galicia. E para corroborar esa aposta a Federación acompaña o proxecto
dunha importante achega económica que sen dúbida axudará aos clubs que dean o paso.
A idea é formar unha liga galega con dous grupos (norte e sur) polo que está claro que os
desprazamentos van a ser importantes. A RFGF comprométese a asumir todos os gastos
federativos da competición: arbitraxe, licenzas, inscrición e tamén a Mutualidade das xogadoras.
Deste xeito, ós clubs non lle vai a supoñer ningún custo a creación do equipo. E, ademáis, a
Federación subvenciona todos os desprazamentos durante a tempada a 0,75 euros o km.
Pero a axuda económica vai máis aló e no caso de aqueles clubs que inscriban un equipo en esta
nova competición, a Federación asumirá a totalidade das cuotas da mutualidade das xogadoras
do primeiro equipo senior que milite en categoría autonómica feminina.

Pre-inscrición aberta
Os clubs interesados xa poden formalizar a pre-inscrición en esta nova competición, pois a mesma
non poderá ser oficial ata que sexa ratificada a súa creación pola Comisión Delegada primeiro e pola
Asamblea Xeral despois.

Campaña global de apoio ó fútbol feminino
A posta en marcha desta novedosa competición só é a primeira pedra dunha campaña global de
apoio ó fútbol feminino, a cal está en proceso de construcción. A Real Federación Galega de Fútbol
é consciente de que hai moito camiño por andar en este apartado e por iso a posta en marcha desta
gran campaña na que se establecerán unha serie de iniciativas encamiñadas a fomentar e
promocionar a igualdade no fútbol galego e o desenvolvemento do fútbol feminino na nosa
Comunidade.

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.