O maratón Coruña42 regresará ao calendario atlético o domingo 2 de outubro precedida da Mini Atlántica, unha proba que brindará a menores de idade a oportunidade de chegaren á meta (seren finishers).
No seu obxectivo de fomentar a práctica da actividade física desde idades temperás, o Concello da Coruña promove o sábado 1 de outubro, véspera de Coruña42, unha carreira concibida para quen naceu a partir de 2005.
A inscrición, do mesmo xeito que no caso das probas para menores de Coruña Corre, será gratuíta. Para participar na Mini Atlántica hai que apuntarse a través da seguinte ligazón:
Todas as persoas que se anoten á proba terán que levar un dorsal con chip refugable xa que haberá un premio, xentileza de Decathlon, para o colexio que acuda con máis participantes. Este dato, o do centro escolar de procedencia, solicitarase no momento de inscribirse á carreira.